SUBSTITUCIÓNS ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS

Prazas ofertadas o pasado 10 de novembro de 2023
Luns, 20 Nov 2023

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, POLA QUE SE RESOLVE A CONVOCATORIA DE PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO MEDIANTE O SISTEMA DE SUBSTITUCIÓN OFERTADAS O PASADO 10 DE NOVEMBRO

Logo da revisión das peticións recibidas na Dirección Xeral, ésta acorda aprobar e facer pública a lista definitiva dos destinos adxudicados:

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución.

Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.

O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, licenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

Se precisas ver a resolución completa  PREME AQUÍ