SUBSTITUCIÓNS NOVAS PRAZAS OFERTADAS

Convocatoria Resolución 15 de xaneiro de 2026
Xoves, 15 Xan 2026

Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, procedeuse a publicar a Resolución do 15 de xaneiro de 2026 para a súa provisión temporal, de acordo co previsto na esolución do 11 de decembro de 2025, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza de Galiza.

Destinatarios/as:

Poderá solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estea en situación de activo e leve polo menos un ano no posto.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis dun ano na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.

Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón: