
SUSPENDIDA A MESA SECTORIAL CO MINISTERIO: SÓ OFRECE SUBA NO ESPECÍFICO PARA O ÁMBITO MINISTERIO

Este mércores día 21 tivo lugar unha reunión co Ministerio para dar remate aos documentos negociados nos grupos de traballo que se celebraron nos meses de xaneiro e febreiro. A intención era empezar a falar do aumento retributivo que supón o recoñecemento da situación detallada neses documentos. Mais o Ministerio só ofertou a suba no complemento específico do persoal do seu ámbito alegando que facelo noutro complemento afectaría á financiación das CCAA.
A CIG deixou claro, dende que comezaron as negociacións, que o recoñecemento da nova situación creada polo RD 6/23 debe encamiñarse no incremento do complemento xeral do posto ou calquera outro complemento que teña carácter estatal. Posto que a normativa afecta a todos os órganos e tribunais de España, ese debe ser o ámbito do recoñecemento.
Polo tanto, suspendeuse a reunión porque deste xeito non pode acordar nada xa que non conta con ningún apoio pola parte sindical. A ver se para o próximo día 28, data da reanudación da mesa, o Ministerio é quen de traer algunha saída a esta situación. Tamén se está a explorar a posibilidade de tratalo o día 1 de marzo na Conferencia sectorial coas CCAA.