SUSPENSIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DO CONCERTO SANITARIO DE MUXEXU

Venres, 22 Nov 2024

A Xerente da Mutualidade informonos por correo electrónico, que a Asociación Unión Médica Profesional presentou recurso especial contra os pregos do Concerto sanitario das tres Mutualidades, a través do cal solicita a suspensión, como medida cautelar, do procedemento de contratación da concesión de asistencia sanitaria para o Concerto coas Entidades de Seguro. En virtude diso, o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, notificounos a concesión desta medida cautelar pretendida pola recorrente, que será levantada coa resolución do recurso.
En consecuencia e, en cumprimento estrito da legalidade, MUXEXU, tras a recepción desta notificación, procedeu a suspender o procedemento e, polo tanto, a sesión da mesa de contratación que tiña prevista para o día de hoxe. En canto sexa notificada a resolución do recurso, poñerémolo no voso coñecemento. Confiamos en que a duración da suspensión non teña impacto relevante sobre os trámites e prazos da contratación. En todo caso e a fin de anticiparnos a calquera das posibles consecuencias derivadas desta circunstancia, a mutualidade xa está a traballar na planificación das medidas para adoptar para que, en calquera suposto e sempre ao amparo da normativa vixente, non exista prexuízo algún sobre o noso colectivo.
Esta mesma información vai ser publicada no día de hoxe na páxina web da Mutualidade.

Para ver a información de MUXEXU preme na seguinte ligazón:

https://www.mugeju.es/noticias/2024-11/ultima-hora-concierto-de-asistencia-sanitaria