TELETRABALLO CADENA SER CORUÑA ENTREVISTA A CHELO RODRÍGUEZ (CIG XUSTIZA)
A CIG denuncia que a administración galega fai un abandono de funcións á espera do que decida o Ministerio
CIG Xustiza esixe á Xunta comezar a negociación sobre o teletraballo que, ao seu xuízo, leva tres anos de atraso
A CIG denuncia que a administración galega fai un abandono de funcións á espera do que decida o Ministerio
Os funcionarios da administración de xustiza piden unha regulación real do teletraballo no seu sector despois de que o Ministerio decretase o fin desta modalidade de actividade que se mantiña neste ámbito nas mesmas condicións decretadas durante a pandemia.
Esixen á Xunta de Galicia que comece unha negociación que, ao seu xuízo, leva tres anos de atraso.
Sinalan que a Xunta lles comunicou que terán marxe de manobra pero non regulará a situación á espera do que faga o Ministerio.
Os traballadores consideran que é un abandono de funcións.
Hoxe entrevistaranse co Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Hai case catro mil funcionarios afectados por esta situación en Galicia, preto de mil cincocentos na Coruña.
Lembranlle á Xunta que ten as competencias na administración de xustiza e que o Estado deriva orzamentos e medios para que se ocupe da xestión.
A xuízo dos traballadores a actitude da Xunta de Galicia lévalles a unha situación de desamparo xa que a xestión do Director xeral foi manter a situación actual e evitar a sanción para o funcionario que nun momento determinado necesite teletraballar.
Chelo Rodríguez, portavoz de CIG Xustiza: O teletraballo decretado pola pandemia mantíñase sen maior regulación neste sector. O Ministerio esixiu agora que a atención presencial quede garantida sempre e especialmente durante o horario de audiencia pública, sen que poida restrinxirse á cita previa. Os funcionarios esixen unha regulación do teletraballo que se produciu no resto de ámbitos da administración e piden á Xunta que negocie con eles as condicións da súa nova situación.
A totalidade dos funcionarios incorporáronse aos seus postos de traballo.
Podes acceder a nova da cadena ser, preme na ligazón CADENA SER RADIO CORUÑA