
TERCEIRA LISTAXE DO TEMPO TRABALLADO INTERINOS/AS CONCURSO TRASLADOS

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza unha terceira e última listaxe co tempo traballado dos interinos/as nas CCAA transferidas e no ámbito ministerio para o concurso de traslados.
Accede aquí as novas listaxes:
Ámbito Ministerio interinos/as
No caso de que non estén de acordo cos servizos como persoal interino deberán realizarse alegacións e presentar un certificado de servizos previos nos correos electrónicos que se indican na páxina web arriba mencionada, dependendo da CCAA na que estén destinados/as como persoal funcionario titular, que é a que figura na columna CORPO PARA O QUE CONCURSAN de ditos ficheiros.
O prazo para solicitar a corrección é até o día 15 de abril debendo indicar no asunto do correo o seguinte: Comunidade Autónoma na que prestan servizos actualmente en propiedade, Corpo para o que participam e NIF.
Exemplo: CANARIAS_TRAMITACION_XXXXXXXXX