TRAMITACIÓN - CONCURSO DE MÉRITOS - NOMEAMENTO E ADXUDICACIÓN DE DESTINOS DE ANDALUCÍA

Convocatoria Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro
Martes, 04 Ago 2026

No BOE do 4 de agosto publicouse a Orde PJC/817/2026, do 23 de xullo, pola que se nomean funcionarias/os de carreira do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, polo ámbito de Andalucía, ás persoas que superaron o proceso selectivo convocado por Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.

Así mesmo publicouse tamén a Resolución do 23 de xullo de 2026, da Secretaría Xeral de Servizos Xudiciais, da Consellaría de Turismo, Xustiza, Desregulación e Administración Local, pola que se outorga destino as funcionarias/os do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Justica, quenda libre, que superou o proceso selectivo por concurso de méritos, convocado por Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.

As persoas funcionarias do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza ás que se lles outorga destino, deberán tomar posesión do seu cargo ante o responsable da oficina xudicial de destino dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín oficial del Estado», de acordo co establecido no artigo 29 do citado Real Decreto, e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, para o que deberán obrar con suficiente antelación nos devanditos órganos xudiciais os documentos F1R, que serían remitidos, por cuadriplicado exemplar, previamente pola Delegación Territorial que corresponda.