TRAMITACIÓN - CONCURSO-OPOSICIÓN - SOLICITUDE DE COBERTURA DE TODAS AS PRAZAS CONVOCADAS
O pasado día 31 de xullo de 2026 publicouse no BOE a Orde PJC/796/2026, de 22 de xullo, pola que se modifica a Orde PJC/93/2025, de 24 de xaneiro, pola que se publica a relación de persoas aprobadas no proceso selectivo extraordinario para acceso, pola quenda libre, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, polo sistema de concurso-oposición, convocado por Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro. Nesta relación de persoas aprobadas obsérvase que moitos dos ámbitos territoriais convocantes non cubren as prazas ofertadas. En concreto:
Ámbito territorial Prazas ofertadas Persoas aprobadas
Andalucía 13 12
Asturias 10 7
Canarias 1 5
Catalunya 168 118
Comunidade Valenciana 14 9
Madrid 60 46
Navarra 4 3
Ministerio 42 26
Euskadi 11 9
Segundo a relación publicada, quedarían sen cubrir 235 plazas en todo o estado, cando hai xente que ten aprobado o proceso.
Na mesa sectorial do 29 de xullo o Ministerio informou da súa intención de ampliar estas listaxes ate cubrir o total das prazas ofertadas, coas persoas que teñan aprobado o proceso e que por puntuación lles corresponda.
De todos os xeitos, a CIG remitirá un escrito para que isto se produza á maior brevidade posible, tendo en conta que xa se abriu o prazo para solicitar destinos.