TRAMITACIÓN - ESTABILIZACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS

Convocatoria Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro
Martes, 23 Dec 2025

Segundo informou o Ministerio de Xustiza na xuntanza deste 23 de decembro, a adxudicación das prazas de Tramitación, ámbito Ministerio, vai saír nestes días para coñecemento das adxudicatarias/os. A publicación oficial no BOE e diarios das CCAA retrasarase ata que todas as comunidades comuniquen as adxudicacións correspondentes. Así mesmo, o Ministerio pediu ás CCAA as prazas para Xestión e Auxilio, a fin de poder iniciar a oferta das mesmas.