TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE - NOVA CORRECCIÓN DOS EXAMES POR ANULACIÓN DUNHA PREGUNTA

Convocatoria Orde PJC/1437/2024, do 3 de decembro
Mércores, 06 Mai 2026

A división de recursos do Ministerio de Xustiza resolveu un recurso dun opositor de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, do proceso selectivo convocado pola Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro e, por ese motivo,  vaise producir unha nova corrección do exame de tramitación ao terse anulado unha pregunta en base ao citado recurso.