
TRAMITACIÓN PROCESUAL RELACIÓN DEFINITIVA DE APROBADOS
O Tribunal Calificador Único acorda elevar ao Ministerio de Xustiza a proposta definitiva de aprobados do proceso selectivo convocado por orde JUS/1254/2022, de 7 decembro, correspondente a Oferta Pública de Emprego 2020-2021-2022.
Os opositores que non se achen incluídos na relación, terán a consideración de non aptos, quedando eliminados do proceso selectivo.
Con relación ás linguas oficiais propias das Comunidades Autónomas de Cataluña, Galiza, Valencia e Euskadi, así como ao dereito Civil Vasco, as notas publicaranse unha vez realizadas as probas e as baremacións dos documentos achegados.
Con relación á presentación da documentación establecida na Base 8 da convocatoria do presente proceso selectivo, e co fin de axilizar a presentación de solicitudes de destino, comunícase que a instancia de solicitude de praza deberase presentar nas direccións que indiquen as correspondentes Comunidades Autónomas con competencias transferidas onde se anuncien destinos.
No referente ao ámbito do Ministerio de Xustiza, segundo o establecido no punto 1.a) da devandita Base 8, para a petición de destinos deberán axustarse ao que se estableza na Orde na que se oferten ditas prazas.
O resto de documentación deberase presentar exclusivamente no Ministerio de Xustiza, na dirección indicada na devandita Base 8.1.
Se precisas ver o acordo do Tribunal Calificado Único PREME AQUÍ
Para ver a relación definitiva de aprobados PREME AQUÍ