OFERTA DE PRAZAS GALIZA PARA TRAMITACIÓN CONCURSO-OPOSICIÓN
Publicouse no DOG do 5 de xuño RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas correspondentes a Galiza, nas probas selectivas para ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, concurso-oposición, convocada pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro.
As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galiza, https://sede.xunta.gal, no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo.
As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se se ofertaron e se desexan solicitar, ata chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.
/TRAMITACION JUS-1327-2022/IMAXES TRAMITACION JUS-1327-2022/FOTOS PRAZAS TRAMI.jpg)
Para ver a resolucion preme na ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260605/AnuncioG0759-250526-0005_gl.html