
ÚLTIMA HORA DO CONCURSO DE TRASLADOS DAS VILAS

Na xuntanza mantidada este martes 13 de setembro, o Ministerio de Xustixa indicounos que o 9 de agosto pediulle ás CCAA a relación de prazas dos seus ámbitos. A finais de agosto só contestara unha comunidade autónoma. Hoxe, aínda faltan por envialas tres CCAA. Por iso non se publicou aínda o concurso e depende de cando envíen as súas vacantes esas CCAA. Neste concurso só se ofertarán as prazas vacantes da Fase I.