VALIDEZ DA IDENTIFICACIÓN CO DNI DIXITAL A TRAVÉS DO TELÉFONO MOBIL

Martes, 31 Mar 2026

Lémbrase que, a partir do 2 de abril de 2026, poderá utilizarse o DNI dixital no teléfono móbil (App MiDNI), como medio válido de identificación legal. Así mesmo, as entidades públicas e privadas estarán obrigadas a aceptar esta versión dixital, conforme ao disposto na Disposición Transitoria Terceira do Real Decreto 255/2025, do 1 de abril.

Recoméndase consultar a ficha dispoñible, na que se explica de maneira visual e paso a paso como realizar a verificación do DNI dixital.

Así mesmo, pódense consultar os informes técnico-xurídicos do CXPX que clarifican o uso obrigatorio e o alcance do DNI dixital (MiDNIe) nos procedementos e nas sedes xudiciais.