Variación salarios AEAT 2020-2026: a perda de poder adquisitivo chega ao 12,75% e evidencia a necesidade de centrar a loita en recuperar salario
O IPC volve dispararse: o indicador adiantado do INE sitúa a inflación interanual de setembro no 4,9%, seis décimas máis que en agosto e o dato máis alto en case tres anos.
Os prezos dos combustibles e das viaxes son os principais responsables desta nova suba.
Os prezos dos combustibles e das viaxes son os principais responsables desta nova suba.
Mentres tanto, o acordo salarial para a Administración do Estado, asinado por CSIF, UGT e CCOO segue limitando a suba de 2026 a un máximo do 2%.
A fenda xa non se pecha, medra máis e máis mes a mes. Actualizando os cálculos coas variacións mensuais do IPC publicadas polo INE ata setembro de 2026 (dato aínda avance, pendente de confirmación definitiva a mediados de outubro), a perda de poder adquisitivo acumulada dende xaneiro de 2020 xa alcanza o 12,75%, fronte ao 12,36% de hai tres semanas e ao 8,24% que denunciabamos en febreiro. Dende a CIG esiximos unha cláusula de garantía salarial que vincule os salarios do persoal da Admón ao IPC e a recuperación do poder adquisitivo perdido.
A situación evidencia que a urxencia da loita sindical na AEAT ten que ser esa: recuperar a capacidade adquisitiva que perdeu a totalidade do seu persoal. Desde a CIG insistimos na necesidade de presentar unha fronte unida de toda a parte social para forzar a AEAT a acometer a urxente actualización das retribucións, o principal problema do 100% do persoal da Axencia.