Volvemos esixir á AEAT a convocatoria urxente dun panel de mobilidade para o persoal TAI en Galiza
Vimos de rexistrar un novo escrito ante a Dirección de Recursos Humanos da Axencia Tributaria para reiterar a esixencia de convocatoria inmediata dun panel de mobilidade para o persoal TAI (subgrupo C1 de informática) con prazas suficientes en Galiza.
Esta solicitude non é nova. Xa presentaramos presentara anteriormente un escrito detallando a grave situación de falta de persoal informático nas dependencias galegas da AEAT. Porén, a Administración non só non convocou o panel, senón que nin sequera respondeu ao escrito presentado.
Mentres tanto, a realidade nas delegacións e administracións segue empeorando:
- Hai administracións practicamente abandonadas desde o punto de vista informático.
- persoal TAI nas delegacións está en mínimos absolutamente insuficientes.
- Estase a mover persoal “de visita” entre delegacións para tapar buratos xerando problemas tamén nos centros de orixe.
- Hai infraestruturas como aeroportos, portos e aduanas sen persoal informático.
- A solución da AEAT está a ser mover persoal doutras áreas sen especialidade informática, en lugar de crear prazas e convocar os paneis correspondentes.
Pero hai algo aínda máis preocupante: cada vez resulta máis evidente que a AEAT está deixando morrer pouco a pouco as dependencias de informática en Galiza. A falta de convocatorias de panel, a ausencia de reforzo de persoal e a utilización de persoal sen especialidade non parecen casualidade, senón unha política deliberada de abandono.
Queremos deixar claro que o persoal de informática é imprescindíbel para o funcionamento da Axencia Tributaria. Sen este persoal non é posible garantir o funcionamento dos sistemas, a atención ás dependencias nin o mantemento da infraestrutura tecnolóxica da AEAT.
Por iso, non imos aceptar esta situación e seguiremos esixindo solucións inmediatas.
ESIXIMOS:
- Convocatoria inmediata dun panel de mobilidade para o persoal TAI
- Prazas suficientes en Galiza para cubrir o déficit existente
- Unha planificación real dos recursos humanos en informática na AEAT