XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA - VALORACIÓN DEFINITIVA MÉRITOS

Convocatoria Orde PJC/1435/2024, do 4 de decembro
Martes, 26 Mai 2026

Publicouse na páxina web do Ministeiro de Xustiza o acordo do TCU do proceso selectivo para acceso por promoción interna ao corpo de Xestión, convocado pola Orde PJC/1435/2024, do 4 de decembro, polo que se publican os méritos definitivos.

Se as opositoras/os detectan algún erro material ou aritmético para os efectos do artigo 109.2 da Lei 39/2015 deben comunicalo ao email do TCU: gestionpi1435@mjusticia.es , indicando en asunto o ámbito territorial, nome e apelidos e o erro aritmético ou material que alegan.