XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA - MODIFICACIÓN OFERTA DE PRAZAS EN CATALUNYA
Publicouse no BOE do 4 de agosto a Resolución do 27 de xullo de 2026, do Departamento de Xustiza e Calidade Democrática, pola que se modifica a do 29 de xuño de 2026, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Cataluña, que se ofrecen ás persoas aprobadas no proceso selectivo para acceso, por promoción interna e sistema de concurso-oposición, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/104/2024, do 19 do 31 de xaneiro.
Os aspirantes deste ámbito deberán presentar unha nova solicitude de destino por medios electrónicos (solicitude de destinos para os aspirantes aprobados nas probas selectivas: http://justicia.gencat.cat/ca/serveis/treballar/oposicions/funcionaris/admjus/), de acordo co establecido nos artigos 16 e 36 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e deben dirixirse á Secretaría para a Administración de Xustiza no prazo de DEZ (10 DÍAS HÁBILES, segundo o establecido na base 8.1.a) da orde de convocatoria do proceso selectivo anteriormente citado.
Para ver a resolución preme na ligazón: