XESTIÓN QUENDA LIBRE - LISTAXE DE PUNTUACIÓNS FINAIS

Convocatoria Orde PJC/1437/2024, do 3 decembro
Mércores, 10 Xun 2026

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o acordo do TCU das probas selectivas para acceso, pola quenda libre, ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa, convocado pola Orde PJC/1437/2024, polo que se publican tanto a listaxe de opositores solicitantes de praza, ordenada alfabeticamente, coa nota final obtida no proceso ordinario (anexo I), como a listaxe de opositores excluídos, de acordo cos apartados 1.3 e 7.8 da citada Orde PJC/1437/2024 (anexo II).