
XULGADOS QUE PERCIBIRÁN O COMPLEMENTO RETRIBUTIVO POR CAUSAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO 2025

A Dirección Xeral de Xustiza vén de comunicarnos que xulgados percibirán este ano 2025 o complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual con competencias en materia de violencia sobre a muller:
- a) Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller (en Galiza son os da Coruña e Vigo).
- b) Xulgados de instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, do resto das cidades galegas (Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra). Actualmente existen 5 xulgados de instrución con estas características:
- Xulgado de Instrución núm. 2 de Ferrol
- Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago de Compostela
- Xulgado de Instrución núm. 3 de Lugo
- Xulgado de Instrución núm. 3 de Ourense
- Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra
- c) Xulgados de primeira instancia e instrución do resto dos partidos xudiciais que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, sempre que no ano anterior incoasen polo menos 75 ou máis dilixencias en materia de violencia sobre a muller.
Na estatísca correspondente do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre os datos do ano 2024 constátase que cumpren o criterio establecido na cláusula 6.c do Acordo os seguintes xulgados de primeira instancia e instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller:
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Betanzos
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Carballo
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Noia
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Ribeira
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Monforte de Lemos
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Viveiro
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 do Carballiño
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Cangas
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Marín
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ponteareas
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 do Porriño
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Redondela
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Tui
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Vilagarcía de Arousa
Polo que catro novos xulgados pasan a cumprir o requisito da cláusula 6.c, e cobrarán o devandito complemento con efectos económicos dende o 01.01.2025:
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín
- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín