XUNTANZA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO
A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos, tal e como se comprometera con anterioridade, que o vindeiro 22 de setembro terá lugar unha xuntanza por videoconferencia da comisión de seguimento da bolsa de persoal interino, a fin de dar conta do estado de elaboración das novas bolsas e, supoñemos, comunicar o prazo para a súa publicación definitiva.