A CIG DENUNCIA QUE OS FALLOS TÉCNICOS NAS CONEXIÓNS POR VIDEOCONFERENCIA VAN EN AUMENTO

É imprescindíbel que se implemente a compatibilidade dos diferentes sistemas de videoconferencia en todo o estado
Martes, 21 Nov 2023

Hoxe a CIG, dende a sección sindical de Pontevedra, presentou ante a Dirección Xeral un escrito denunciando a precariedade de medios audiovisuais, así como o seu mal funcionamento.

O escrito presentado é o seguinte:

"Dende a CIG Xustiza denunciamos, que o número de xuízos aprazados ou cancelados por fallos técnicos nas conexións por videoconferencia vai en aumento, é unha problemática crecente e que apunta a todo o estado, ao non unificar os sistemas de conexión (Cisco Meeting, Cisco Webex e a través de RDSI), isto tamén sucede nas comunicacións cos Centros Penitenciarios.

Tamén cabe sinalar que existe o Escenario de Fidelius que non funciona nin chamando por RDSI ou por MCU.

As videoconferencias que se realizan entre Madrid e Galiza, dado que usan sistemas incompatibles, fan cos mesmos non se recoñezan, de igual xeito sucede entre Coruña e Pontevedra, pese a estar no mesmo territorio.

A todo o exposto, súmase a pouca formación presencial que se da ao corpo de auxilio xudicial no manexo destas ferramentas.

Solicitamos se impulse a unificación dos Sistemas de Videoconferencia, e en tanto isto non sexa posible, se manteñan máis dunha opción de conexión, a fin de usar a que sexa máis axeitada na comunicación bidireccional, e non ter que suspender xuízos, co custo que isto supón, así como a perda de tempo para profesionais, cidadáns e funcionarios/as.

Reiteramos a formación presencial no manexo destas ferramentas, tanto para os que se inician no proceso, como para aqueles que se queiran reciclar ante as novas versións.

Todo o exposto, en prol dunha xustiza máis eficaz, garantindo un proceso sen dilacións indebidas."


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal