A CIG denuncia o ocultismo da Dirección Xeral cos resultados das medicións de radón: se non hai niveis preocupantes, por que se oculta a información?
Este pasado venres presentamos, ante o Consello de Seguridade Nuclear unha ampliación da denuncia previamente rexistrada en relación coa falta de acceso aos resultados das medicións de gas radón realizadas nos distintos centros de traballo.
A organización sindical lembra que, a pesar de que as medicións xa foron efectuadas, os seus resultados aínda non foron facilitados aos delegados e Delegadas de Prevención, impedindo o exercicio das funcións de información, participación, consulta, vixilancia e control recoñecidas pola Lei de Prevención de Riscos Laborais.
A CIG solicitou reiteradamente á Administración o traslado dos resultados e da documentación preventiva asociada.
Na reunión do Comité de Seguridade e Saúde do 30 de xuño de 2026, se nos informou que os datos das medición non serían comunicados ata finalizar o estudo técnico e o proceso de contraste correspondente.
Desde a representación sindical considérase que a existencia de análises ou informes pendentes non pode xustificar a demora na entrega dunha información preventiva xa dispoñible, especialmente nunha materia relacionada coa exposición ao radón e coa protección da saúde das persoas traballadoras.
E por iso que a CIG RECLAMA TRANSPARENCIA e esixe que se faciliten de maneira inmediata os resultados das medicións de gas radón realizadas nos centros de traballo, así como toda a documentación preventiva asociada. A organización sindical lembra que, de conformidade coa Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, a Dirección Xeral ten a obriga de facilitar aos Delegados e Delegadas de Prevención a información necesaria para o desenvolvemento das súas funcións en materia de seguridade e saúde laboral, incluídos os datos e resultados das medicións de radón efectuadas nos centros de traballo.
Neste sentido, a CIG lembra que os artigos 18, 36 e 39 da Lei de Prevención de Riscos Laborais recoñecen o dereito dos representantes das persoas traballadoras a recibir información, participar, consultar e exercer funcións de vixilancia e control sobre a actividade preventiva.
Polo tanto, a entrega dos índices e resultados das medicións de gas radón constitúe información preventiva esencial que debe ser posta á disposición dos Delegados e Delegadas de Prevención.
A organización sindical trasladou tamén ao CONSELLO NUCLEAR a preocupación do persoal dos centros afectados pola falta de información e reclama que se garanta o dereito das persoas traballadoras e dos seus representantes a coñecer os datos que afectan directamente á súa seguridade e saúde laboral.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal