A CIG ESIXE QUE SE RESPECTE A DISP.TRANSITORIA PRIMEIRA PARA O CORPO DE AUXILIO
No día de hoxe diriximos un escrito á Dirección Xeral de Xustiza nos seguintes termos:
"...O pasado día 10 de febreiro a Directora do Servizo Común Xeral da Coruña, María Socorro De Alvaro, trasladou ao persoal do corpo de auxilio destinado na Area de rexistro e repartición copia da contestación remitida por esa Dirección Xeral por correo electrónico en resposta a unha consulta feita por ela sobre o alcance da especialización na xurisdición
para o persoal de auxilio xudicial.
Nesa contestación confírmase que “...dicha disposición ( referíndose á Transitoria Primeira do RD 1451/2005) no aplica al personal de auxilio dado que sus funciones son de carácter transversal, y sus tareas o funciones son las mismas con independencia de la jurisdicción en las que la desarrollen...”. Ademáis, continúase dicindo que “...por lo que si se niegan a realizar alguna función en virtud de esta disposición estarían incurriendo en una falta disciplinaria...”.
Ante estas manifestacións queremos sinalar:
PRIMEIRO.- A Disposición Transitoria primeira non exclúe a ningún dos corpos xerais da súa aplicación, debendo aplicarse tanto ao persoal do corpo de xestión como ao de tramitación ou auxilio. Incluso se respectou a orde xurisdicional de procedencia no proceso de confirmación do corpo de letrados/as, que non está incluído no ámbito de aplicación do RD 1451/2005.
Decir que as funcións do corpo de auxilio son de carácter transversal e que son as mesmas con independencia da xurisdición na que se desenvolvan é un argumento que pode extenderse ao resto de corpos xerais e mesmo de letrados/as: todo o persoal de xestión e de tramitación do TI tramita procedementos, redacta resolucións xudiciais, dá conta ao maxistrado/a, atende ao público e profesionais….. Todo o persoal do corpo de letrados/as asina Decretos, xestiona contas de consignacións, etc.…. E todo isto con independencia da orde xurisdicional. Pero mentres a estes corpos respectouse, alomenos, a orde xurisdicional de procedencia, ao corpo de auxilio non se lle respecta, cando a Disposición Transitoria primeira non o exclúe, polo que se está a vulnerar o que nela se establece.
Por esta razón SOLICITAMOS que esa Dirección Xeral se retracte da contestación enviada e se deixe claro nunha comunicación ás Direccións dos Servizos Comúns das vilas incluídas na Fase III de implantación da NOMO que non se poden atribuir funcións nunha orde xurisdicional diferente á de procedencia, conforme á Disposición Transitoria primeira do RD 1451/2005.
SEGUNDO.- Que tal e como se solicitou por esta central sindical durante todo oproceso de negociación das rpts, deben crearse equipos estruturais dentro dos Servizos Comúns Xerais co persoal do corpo de auxilio. Dado que o Director Xeral reitera que se vai producir unha modificación das rpts neste ano, insistimos en que no caso da Coruña deberan crearse como mínimo cinco, posto que ese é o número de equipos “funcionais” que se contemplan no Manual que figura como Anexo ao Protocolo de actuación da oficina xudicial da Coruña. Ademais deben ampliarse o persoal que asiste ás prazas civís, posto que un por praza xudicial é insuficiente, moito máis cando se producen ausencias que deben cubrir o propio persoal encargado desa sección. De ampliarse o número de prazas civís tal e como se propuxo polo Goberno, sería necesario incrementar a de auxilios en
maior número.
TERCEIRO.- Seguindo coa modificación das rpts, é urxente que se amplíe o número de prazas con código VSM. Como tamén defendemos durante a negociación, só dúas para atender a dúas prazas xudiciais é inasumible. Non só pola inxente carga de traballo, senón porque por ser prazas singularizadas as persoas que están adscritas a elas non poden ser substituídas por ninguén que non estea nunha praza con ese código.
Mentres iso non sucede SOLICITAMOS que se nomee alomenos un reforzo de maneira urxente. Hai que teren conta que na Coruña non se creou ningunha praza a maiores do corpo de auxilio a pesares de si crearse esa segunda praza xudicial na sección de Violencia: antes da NOMO dúas persoas do corpo de auxilio atendían un xulgado e agora as mesmas deben atender dúas seccións, tendo en conta as particularidades da materia e que o resto dos órganos de instrución e penal contan con dous postos por praza xudicial..."
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal