A CIG PRESENTA ESCRITO PARA QUE SE ELIMINEN OS PRIVILEXIOS COS QUE CONTAN O PRESIDENTE DO TSXG E O FISCAL SUPERIOR DE GALIZA

Xoves, 20 Feb 2025

No día de hoxe remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza co seguinte texto:

En datas recentes o actual presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, José María Gómez y Díaz-Castroverde manifestou que non se presentará á reelección no cargo. Cando foi nomeado renunciou ao uso e desfrute da vivenda que ata ese momento tiña o seu predecesor no edificio do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, decisión que este sindicato celebrou publicamente. A día de hoxe só o Fiscal Superior de Galiza, Fernando Suances, fai uso dunha vivienda nese edificio.

A CIG solicita que, ante o nomeamento doutra persoa no cargo de Presidente/a do TSXG, se elimine ese privilexo que supón desfrutar non só dunha vivenda gratis no centro da Coruña senón tamén de todos os servizos (luz, auga, calefacción….) e que se proceda do mesmo xeito unha vez se produza o cesamento do actual Fiscal Superior.

Esta regalía sen sentido nestes tempos é máis evidente se se ten en conta que en moitos casos xa posúen unha vivienda na cidade e que sempre teñen coche oficial e praza de aparcamento. De feito, no resto de comunidades autónomas do Estado xa non existe semellante prerrogativa dende hai tempo.

Dada a necesidade de creación de servizos comúns no TSXG como establece a Lei 1/2025, instamos a que as instalacións que actualmente ocupan esas vivendas pasen a destinarse a oficinas xudiciais.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal