A CIG PRESENTA ESCRITO SOLICITANDO A CREACIÓN DUNHA PRAZA DE SUBDIRECTORA/O NO IMELGA DE COMPOSTELA

Martes, 20 Out 2026

A Orde do 15 de novembro de 2022 modificou a relación de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galiza pola que quedaban configuradas as estruturas das diferentes Subdireccións.

No caso da de Compostela mantíñase a falta da rpt da Subdirección existente no resto das grandes cidades galegas baseándose no feito de residir aí a Dirección do Instituto.

O Decreto 82/2026 de 20 de xullo aprobou un novo Regulamento do Imelga, no artigo 11 que regula as Subdireccións Territoriais establece que “ contará con sete subdireccións territoriais” e o artigo 12 á súa vez dispón que “ á fronte de cada Subdirección territorial estará como responsable organizativo o/a subdirector/a”. Sen embargo, esa Dirección Xeal non procedeu aínda a modificar a rpt reflictida na Orde de 2022.

Na actualidade, a Subdirección do Imelga de Compostela conta con dúas prazas de xefatura de servizo e oito prazas xenéricas de médica/o forense. É por iso polo que presentamos un escrito solicitando que se modifique a Orde do 15 de novembro de 2022 da relación de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galiza no sentido de crear unha nova praza de Subdirector/a que veña a sumarse ás dez prazas existentes a día de hoxe. E que, unha vez creada, se proceda a convocar o sistema de provisión axeitado para que se cubra o máis axiña posible dada a sobrecarga de traballo existente nesa Subdirección e que remitan os problemas que está a sufrir o persoal do Instituto.

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cigxustiza.acorunha@gmail.com
  • Compostela:
    604 042 377
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal