
A CIG RECLAMA QUE SE AUMENTEN OS CADROS DE PERSOAL NOS XULGADOS DE PRIMEIRA INSTANCIA DE PONTEVEDRA E VIGO

Os compañeiros da CIG Xustiza de Vigo e Pontevedra presentaron no día de hoxe escrito ante a Dirección Xeral que transcribimos literalmente:
"Por medio da presente e, como delegada sindical do Sector de Xustiza da Confederación Intersindical Galega (CIG), DENUNCIAMOS, a situación que están vivindo os Xulgados de Primeira Instancia da provincia de Pontevedra, debido ao alto volume de traballo que xa veñen arrastrando de meses antes da pandemia e da folga xeral de letrados polo que a día de hoxe atópanse ao límite.
É imprescindible e urxente que nestes xulgados se reforce o seu cadro de persoal, en particular ao Corpo de Auxilio Xudicial que, ademais de realizar as labores do propio xulgado, leva tamén o arquivo e o control e xestión das Salas de Vistas e sistemas de gravación e videoconferencia.
É por iso que, solicitamos o que tanto se prometeu por parte da Dirección Xeral, en canto á creación en Vigo e Pontevedra de Servizos Comúns Xerais e concretamente do corpo de Auxilio Xudicial, que atenda estas circunstancias e, de non poder establecerse polo momento, se aumenten os funcionarios do Corpo de Auxilio das quendas ou de reforzo, que se dediquen exclusivamente a atender aos Xulgados de Primeira Instancia tanto de Vigo como de Pontevedra, cos exhortos e apoiando o traballo diario do Xulgado a fin de aliviar a sobrecarga de traballo.
Así mesmo instamos a esa Administración a adoptar medidas encamiñadas á mellora da situación que viven os Primeira Instancia, soamente hai que ver as estadísticas."
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal