
A CIG REITERA A SALA DE GOBERNO DO TSXG E A DIRECCIÓN XERAL REFORZOS PARA O XULGADO DE XINZO DE LIMIA

Con data 24 de Outubro do presente ano, a CIG deu traslado ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e a Dirección Xeral, dun escrito onde se contemplaba a situación que se estaba a vivir no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Xinzo de Limia.
Non habéndose solucionado a dia de hoxe a gravosa situación do mesmo, é polo que a CIG volve a reiterar a denuncia esperando un resultado satisfactorio por parte dese Tribunal.
REITERAMOS DE MANEIRA URXENTE, desa Sala de Goberno e da Dirección Xeral, un/unha Letrado/a Substituto/a e dous reforzos do corpo de Tramitación Procesual, en tanto en canto non se cree outro xulgado de primeira Instancia e instrución que axude a mitigar o atraso existente. Sen prexuízo da petición dun órgano máis, debendo incrementarse de xeito definitivo o cadro de persoal actual para que quede configurado con dous xestores, catro tramitadores e dous auxilios, dado que este é ou cadro de persoal tipo dous xulgados mixtos na provincia de Pontevedra que teñen encomendados, ademais asuntos civís e penais, máis os expedientes de rexistro civil.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal