
A CIG SOLICITA A AMPLIACIÓN DOS CADROS DE PERSOAL DE LALÍN E A ESTRADA

A CIG ven de solicitarlle á Dirección Xeral de Xustiza que aumente os cadros de persoal dos xulgados de Lalín e da Estrada toda vez que os mesmos están totalmente descompensados tendo en conta a carga de traballo que teñen e o número de traballadoras/es comparado cos que existen noutros órganos mixtos da provincia de Pontevedra.
O xulgado número 1 de Lalín ten un cadro de persoal de 2 xestores, 3 tramitadores e 1 auxilio e leva os casos de violencia de xénero, polo que é evidente que debe de dotárselle dun auxilio máis, como é a pauta xeral en todos os xulgados mixtos.
O caso máis grave e o do xulgado número 1 da Estrada que ten un cadro de persoal de tan só 2 xestores, 2 tramitadores e 2 auxilios e leva nón só os casos de violencia de xénero se non tamén o rexistro civil. Polo tanto é necesario aumentar o cadro de persoal deste órgano en dous tramitadores máis. O xulgado numero 2 da Estrada tampouco esta moi ben dotado, posto que ten un cadro de persoal de 2 xestores, 2 tramitadores e 1 auxilio, e por iso solicitouse o aumento do cadro de persoal nun tramitador e nun auxilio máis.
Ligazón escrito presentado:
Escrito Presentado o 12/09/2023
Publicación da nova na prensa escrita:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal