
A CIG SOLICITA DIANTE DA COMISIÓN MIXTA QUE SE AMPLIE A DOTACIÓN DE TRABALLADORES NA AUDIENCIA PROVINCIAL DE VIGO E OS XULGADOS DE REDONDELA E PONTEAREAS

A sección sindical da CIG Xustiza de Pontevedra, presentou hoxe, 9 de xaneiro, escrito diante da Comisión Mixta, Dirección Xeral de Xustiza e Secretaría de Goberno do TSJG, a fín de que se amplie a dotación de funcionarias/os na Audiencia Provincial de Vigo, Redondela e Ponteareas.
O escrito presentado é o seguinte:
"Por parte do Sector de Xustiza da CIG, en base á nova creación dunha praza de maxistrado na Sección Sexta da Audiencia Provincial de Vigo, solicitamos que se tome en consideración a dotación, a lo menos, de dous funcionarios de reforzo do corpo de Tramitación ou ben un funcionario de Xestión e outro de Tramitación, a fin de atender proporcionalmente á repartición na tramitación dos asuntos, posto que dita sección funcionará en realidade como se foran dúas.
Así mesmo, despois dás visitas practicadas por este sindicato a determinados xulgados da provincia, solicitamos reforzos, tanto para o Mixto 1 de Redondela como para o Mixto 2 de Ponteareas. Os dous Xulgados nos deron traslado das súas necesidades, as cales pódense deducir en base as estatísticas e ao aumento no número de procedementos, sobre todo na parte Civil.
Ademais, cabe sinalar que o Mixto 1 de Redondela xuntouse con dúas baixas durante un certo período, o cal retrasou máis aínda, se cabe, a tramitación dos asuntos do xulgado, en tanto non foron cubertas por persoal interino.
Por todo o exposto solicitamos, de maneira urxente, reforzos para os xulgados sinalados, xa que a sobrecarga de traballo, conleva baixas por incapacidade temporal, solicitudes de traslado, así como estrés laboral (Art. 14 Lei 31/95 de Prevención de Riscos laborais)."
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal