A DIRECCIÓN XERAL NON ESCOITA A DEMANDA DE FORMADORES DENTRO DO PROPIO ÓRGANO XUDICIAL

Incumple unha vez máis o compromiso acadado no seu día coas organizacións sindicais
Xoves, 18 Xan 2024

En base á importancia da formación na administración de xustiza, en pro dunha maior eficiencia e axilidade tanto na tramitación como no uso das ferramentas de traballo, así como tamén na petición feita no seu día por parte deste sindicato, solicitando formadores/as no propio xulgado, non só para as/os funcionarias e funcionarios de novo ingreso, se non para aqueles que cambian de xurisdición ou aqueles que volven dunha excedencia, DENUNCIAMOS a falta de cumprimento por parte da administración do compromiso alcanzado no seu día, ante a denegación de solicitudes de formadores para atender as necesidades daqueles funcionarios que se atopen nestas situacións.

Esta carencia de formación produce un atraso na tramitación, afectando non só ao propio xulgado, tamén ao funcionario/a que se sente desamparado ante esta situación, ao ter que poñerse ao día na tramitación dos procedementos e no uso das novas ferramentas, principalmente cando regresa dunha excedencia e, para máis inri, vese na tesitura de que lle poidan abrir un expediente disciplinario ao non darse posto ao día o suficientemente rápido.

É por todo iso que, por parte da Central Sindical CIG, solicitamos se acceda ás solicitudes de formadores tanto para os que muden de xurisdición, como para aqueles que regresen dunha excedencia.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal