A DIRECCIÓN XERAL PRETENDE ACABAR COAS COMISIÓNS DE SERVIZO E OS PERMISOS QUE REQUIRAN INFORME FAVORABLE
En contestación a unha das preguntas remitidas por este sindicato sobre os chamamentos de persoal interino, a Dirección Xeral contestou o seguinte:
“Cuarto.- Cal é o criterio para manter ou non ao persoal interino despois dunha baixa por
IT da titular que solicita as vacacións a seguir da súa reincorporación. Así mesmo porque
ese criterio, de aplicase a continuidade do persoal interino, non pode manterse se a titular
solicita, a seguir da reincorporación da IT una licenza por asuntos propios de duración de
tres meses do artigo 25 da Resolución do 18/10/2024.
A concesión da licenza por asuntos propios está supeditada ás necesidades do servizo polo
que cando se informa favorablemente unha solicitude enténdese que o servizo está
garantido, caso distinto son unhas vacacións seguidas dunha baixa por IT, onde non hai
unha incorporación do titular”
Este criterio está en consonancia coa circular remitida hai un mes por esa DX ao corpo de lax “poñendo en coñecemento” que non se ían cubrir os ocos daquelas persoas que marchen por unha comisión de servizos informada favorablemente. Houbo incluso chamadas do Director Xeral en persoa para comunicar tal circunstancia.
É dicir, estase a coaccionar ás persoas encargadas de emitir ditos informes advertindo de que, se estes son favorables, as prazas que queden baleiras nos seus servizos non se van cubrir, tal e como xa está a acontecer na actualidade. Ante este panorama, xa foron varios os/as lax que informaron desfavorablemente, mesmo tendo emitido un previamente en sentido contrario.
Isto na práctica supón a vulneración do dereito dos compañeiros e compañeiras tanto á mobilidade en comisión de servizo como á concesión de licenzas mesmo sen retribución, como é a dos asuntos propios.
O persoal de Xustiza ten dereito a esas concesións e será a Administración, neste caso a Dirección Xeral, a que ten a obriga de cubrir polo sistema que corresponda as prazas que queden desocupadas. No caso das comisións terá que ocupar unha de todos os xeitos, ou a de orixe ou a de destino, e no das licenzas de asuntos está a aforrar o custe desa persoa a costa do traballo do resto do persoal do servizo.
Dende a CIG opoñémonos a este criterio e solicitamos que de agora en diante non se vincule a emisión dun informe favorable á non cobertura do posto que quede desocupado.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal