
NOTA INFORMATIVA SOBRE Á PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA PARA AS/OS QUE SUPERARON PROCESO SELECTIVO XESTIÓN PROCESUAL QUENDA LIBRE
A proba de coñecemento da lingua galega terá lugar o día 21 de maio de 2024 as 9:00h, na aula nº11 da EGAP en Santiago de Compostela.
A acreditación dos tres niveis (celga 4, linguaxe xurídica media e linguaxe xurídica superior) axustarase ao establecido na Orde de 16 xullo 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, (DOG de 30 de xullo de 2007) modificada pola Orde de 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), (DOG de 19 de febreiro de 2014) e Orde de 1 de abril de 2005 (DOG de 14 de abril de 2005).
As probas desenvolveranse do seguinte xeito:
9:00 h-10:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Superior
10:00 h-11:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Media
11:00 h-11:30 h. Descanso
11:30 h-13:00 h. Proba do Celga 4
As valoracións cualificaranse como APTO/A ou NON APTO/NON APTA. Para acadar a acreditación de apto/a no nivel de linguaxe xurídica superior é preciso ou ben obter a cualificación de apto/a nos niveis de linguaxe xurídica media e celga 4, ou ben documentalo. Como anexo móstrase a listaxe de persoas que superaron a oposición e que na solicitude marcaron ou ben realizar a proba de coñecemento de idioma (R) ou documentar e realizar a proba (D-R) e que polo tanto están convocadas o día 21.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal