ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE "IMPLANTACIÓN DE MINERVA SCACE (PONTEVEDRA)"

Resolución publicada na Intranet de Xustiza o pasado 9 de febreiro
Luns, 12 Feb 2024

Ábrese o prazo de inscrición para asistir á capacitación en liña "Implantación de Minerva SCACE (Pontevedra)" con motivo da inminente activación no partido xudicial de Pontevedra das comunicacións telemáticas co Servizo Común de Notificacións e Embargos (SCNE), que permitirán realizar telematicamente a remisión da documentación para entregar ás persoas interesadas desde os órganos xudiciais ao SCNE e a remisión do resultado da dita entrega desde o SCNE.

Para facer a inscrición no curso preme na seguinte ligazón: https://intranet.xustiza.gal/implantacion-scace-pontevedra

As sesións terán lugar en formato de videoaula en directo con 2 horas de duración. 

DATA HORA ÓRGANOS MODALIDADE PERFÍS DESTINATARIOS
19/02/2024 09:30 h - 11:30 h Órganos xudiciais de Pontevedra En liña XTA e LAXs
19/02/2024 12:00 h - 14:00 h Órganos xudiciais de Pontevedra En liña XTA e LAXs
20/02/2024 09:30 h - 11:30 h SCNE En liña XTA e LAXs
20/02/2024 12:00 h - 14:00 h SCNE En liña XTA e LAXs
21/02/2024 09:30 h - 11:30 h Órganos xudiciais de Pontevedra En liña XTA e LAXs
21/02/2024 12:00 h - 14:00 h Órganos xudiciais de Pontevedra En liña XTA e LAXs

IMPORTANTE: A solicitude non garante a praza na sesión, pois a asistencia ás distintas videoaulas é limitada. Confirmaranche a túa praza enviando un correo electrónico ao enderezo que indiques no formulario, desde a conta implantacion-axe.amtega@xunta.gal.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal