
ACCIONS FORMATIVAS DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

Publicouse no DOG do 07/03/2025 a RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2025 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais Comdix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia e das entidades locais galegas, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de marzo de 2025 ata o 14 de marzo de 2025.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para máis información preme na ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250307/AnuncioO150-270225-0003_gl.html
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal