
ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO PROCESO SELECTIVO XESTIÓN QUENDA LIBRE
Hoxe publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza Acordo do Tribunal Cualificador Único do proceso selectivo para ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa, quenda libre, convocado por Orde JUS/1254/2022, de 7 de decembro, polo que segundo o establecido na Base 7.7 da mesma Orde, se nalgún dos ámbitos territoriais non se cubrise todas as prazas ofertadas, o Ministerio de Xustiza, coordinadamente co Tribunal Cualificador Único, procederán a ofertar tales prazas vacantes, por ese ou eses concretos ámbitos, a aspirantes doutros ámbitos que non superaron o proceso selectivo, pero si os exercicios da oposición, teñan a maior puntuación.
No Anexo I, que podedes acceder a el máis abaixo, publicanse as persoas aspirantes que cumpren as condicións establecidas na devandita base, exclusivamente do sistema xeral, ordeados de maior a menor puntuación, aos cales se lle ofertan 6 prazas correspondentes ao ámbito de Euskadi.
As persoas aspirantes que desexen solicitar esas prazas deberán facelo no prazo de 5 días hábiles desde a publicación deste acordo na páxina web do Ministerio de Xustiza, procedendo da seguinte maneira:
- deberán cubrir o Anexo II, cumprimentando os datos que se piden e asinar. Escanear dito Anexo II e envialo exclusivamente por correo electrónico: tcu.gestionlibre23@mjusticia.es . Indicar no “Asunto” do correo “CAMBIO DE AMBITO”
Transcurrido o prazo establecido non se admitirá ningunha solicitude relativa ao exposto neste acordo. Tampouco se admitirá ningunha solicitude de persoas aspirantes que non figuren no Anexo I
Tamén, aqueles/as aspirantes que figuren no Anexo I deberán nese prazo de 5 días hábiles manifestar, si así o desexan, a súa intención de realizar a proba optativa de euskera e de Dereito Civil Vasco aos efectos de ser convocados/as á mesma. Da mesma maneira deberán manifestar si, no seu caso, optan por documentar os coñecementos de euskera ou de Dereito Foral Vasco.
Anexo I e II a continuación:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal