ACTIVIDADES FORMATIVAS NO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (ComDix)

Xoves, 26 Feb 2026

O 24 de febreiro saíu publicada no DOG a Resolución do 13 de febreiro de 2026 da Escola Galega de Administración Pública, pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais galegas e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública subscribiron un convenio para convocar e desenvolver estas actividades formativas no ano 2026, no contexto do Marco galego de competencias dixitais ComDix, dirixidas ao persoal empregado público das administracións públicas de Galicia.

  • Prazo de solicitude: desde o día seguinte á publicación no DOG ata o 4 de marzo de 2026.
  • Inscrición: mediante o formulario telemático en https://egap.xunta.gal/matricula.
  • Límite de solicitudes: máximo de 3 actividades por persoa, máis o curso ComDix iniciación 0: empezamos!

A certificación terá unha validez de 5 anos. As persoas acreditadas poderán renovar a súa certificación dende seis meses antes e ata os seis meses naturais posteriores á data de caducidade.

Para ver a resolución completa preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal