
ACTIVIDADES FORMATIVAS ONLINE EN DEREITO CIVIL AUTONÓMICO PARA PERSOAL NON TRANSFERIDO

A Dirección do Centro de Estudos Xurídicos (CEJ) publicou a resolución pola que se convocan 840 prazas, en sete actividades formativas en dereito civil propio das comunidades autónomas que estatuariamente o posúen, recollidas no Plan Transversal de Formación Continua 2025, dirixidas a PERSOAL NON TRANSFERIDO.
Desenvolveranse en modalidade en liña entre o 10 de marzo e o 13 de xuño de 2025, cunha carga lectiva de 120 horas.
As actividades ofertadas diríxense a membros da Carreira Fiscal, do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa, e Auxilio Xudicial. Así mesmo, establécese unha reserva do 15% das prazas para cada unha das carreiras ou corpos para persoal interino ou que exerza labores de substitución.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente a través da sede virtual do CEJ e do 30 de xaneiro ás 10:00 horas ata o 20 de febreiro ás 14.00 (hora peninsular).
Para máis información preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal