ACTUALIZACIÓN DO NOMENCLÁTOR DE GALIZA
O Consello da Xunta de Galicia aprobou o luns 30 de marzo a proposta de revisión, corrección e actualización do Nomenclátor de Galicia (NG) que presentou a Comisión de Toponimia o 18 de xullo de 2025. Tras esta aprobación no Consello da Xunta, o novo Nomenclátor (cuxos cambios poden consultarse neste documento) entrou en vigor ao día seguinte da publicación do Decreto 27/2026, de 30 de marzo (DOG 10/04/2026)
Así mesmo, os contidos do portal da Toponimia de Galicia foron actualizados. O novo buscador de toponimia encabeza a web onde se poderá atopar todo o referente á toponimia de Galicia: actualizouse a información referente á lexislación e incluíuse un inventario de publicacións relacionadas coa toponimia galega. Ao mesmo tempo, poderase comprobar o estado de execución dos traballos de recollida en cada concello de Galicia segundo o antigo Proxecto de Toponimia de Galicia a través dun mapa visual, do que se poderá descargar a toponimia rexistrada en cada municipio.
Os concellos que mudaron a súa denominación foron os seguintes:
| Anterior | Actual | |
| A Coruña | Porto do Son | O Porto do Son |
| Oza-Cesuras | Oza Cesuras | |
| Lugo | Alfoz | Alfoz do Castrodouro |
| A Pastoriza | Pastoriza | |
| Ribeira de Piquín | A Ribeira de Piquín | |
| Ourense | Castro Caldelas | O Castro de Caldelas |
| Riós | O Riós | |
| Pontevedra | Campo Lameiro | O Campo Lameiro |
| Cerdedo-Cotobade | Cerdedo Cotobade | |
| Cangas | Cangas de Morrazo | |
| A Cañiza | A Caniza |
Para máis información preme na ligazón:
https://toponimia.xunta.gal/gl/nova/aprobado-o-novo-nomenclator-de-galicia
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal