ADMITIDOS CURSOS CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS SEGUNDO CUADRIMESTRE
Martes, 28 Nov 2023

Xa se coñecen as persoas admitidas nos cursos Celga e Linguaxe Administrativa 2023-2024, segundo cuadrimestre, convocados pola Escola Oficial de Idiomas.

O alumnado que resultara admitido, deberá formalizar a matrícula na aplicación e presentar a documentación antes do 1 de decembro de 2023.

A documentación presentarase telematicamente dende o enderezo: 

www.eoidigital.com/preinslinguagalega (o mesmo da preinscrición).

No Celga a documentación a presentar é:

  • Unha copia do DNI ou NIE. 
  • O certificado de discapacidade, de ser o caso. 

Para os cursos de Linguaxe Administrativa:

  • Unha copia do DNI ou NIE. 
  • O xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar. 
  • O certificado de discapacidade, de ser o caso. 
  • Para o curso medio de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 3 do punto décimo desta resolución. 
  • Para o curso superior de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 4 do punto décimo desta resolución. 

O alumnado admitido nestes cursos deberá activar correctamente unha conta de usuario «edu», con carácter previo á data de inicio do curso e dentro do prazo que fixe a coordinación dos cursos. De non facelo así, será excluído do curso e incluirase a persoa correspondente da listaxe de agarda. 

Os cursos comezarán o 19 de febreiro de 2024 e rematarán o 28 de abril de 2024.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal