ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE PRAZAS OFERTADAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS

Convocatoria 20 de maio de 2024
Xoves, 06 Xun 2024

Publicouse na intranet a Resolución de 6 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados por Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.

O 20 de maio de 2024 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

Vistas as solicitudes presentadas e de conformidade co establecido no artigo 11 da Resolución do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de
servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, o 02 de maio de 2024 publicouse resolución pola que se establecían as adxudicacións provisionais.

Transcorrido o prazo de 3 días hábiles establecido no artigo 11.2 e de conformidade co disposto no artigo 12 da Resolución do 21 de marzo de 2022, fanse públicas, no Anexo I da resolución, as puntuacións definitivas obtidas por cada participante da convocatoria. E aprobase e faise pública, no Anexo II da presente resolución, a listaxe das adxudicacións definitivas dos postos.

Para ver a resolución fai clic na ligazón


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal