
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE PRAZAS OFERTADAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS
Publicouse na intranet a Resolución de 18 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados por Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.
O 31 de maio de 2024 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
Vistas as solicitudes presentadas e de conformidade co establecido no artigo 11 da Resolución do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de
servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, o 02 de maio de 2024 publicouse resolución pola que se establecían as adxudicacións provisionais.
Transcorrido o prazo de 3 días hábiles establecido no artigo 11.2 e de conformidade co disposto no artigo 12 da Resolución do 21 de marzo de 2022, fanse públicas, no Anexo I da resolución, as puntuacións definitivas obtidas por cada participante da convocatoria. E aprobase e faise pública, no Anexo II da presente resolución, a listaxe das adxudicacións definitivas dos postos.
Podes consultar a resolución completa nesta ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal