ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓN DE SERVIZOS - MÉDIC@S FORENSES
O pasado 21 de xaneiro de 2026 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo, en comisión de servizos, entre o persoal funcionario do corpo de Médic@s Forenses.
Como consecuencia do anterior, publicouse na intranet e na páxina web a Resolución do 4 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que aproban e fan públicas as puntuacións provisionais obtidas por cada participante da convocatoria así como a listaxe de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Tamén se aproban e fan públicas, no Anexo II da presente resolución, as listaxes das adxudicacións provisionais.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións no PRAZO DE 3 DÍAS HÁBILES, contados desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
/2026/IMAXES PRAZAS OFERTADAS CCSS/2026-02-04 Adxudicación provisional comisións servizo pax 0001.jpg)
/2026/IMAXES PRAZAS OFERTADAS CCSS/2026-02-04 Adxudicación provisional comisións servizo pax 0002.jpg)
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal