APERTURA DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE MÉRITOS NA PROMOCIÓN INTERNA DE XESTIÓN PJC/1572/2025
Finalizada a fase de oposición das probas para o ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda de promoción interna, procede iniciar a fase de concurso do proceso selectivo.
Concedese un prazo de vinte días hábiles a todas as persoas aspirantes aprobadas, a contar desde o día seguinte á publicación do presente acordo na páxina web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes (do 28 de setembro de 2026 ata o 26 de outubro de 2026, ambos inclusive), para presentar exclusivamente a documentación establecida no Anexo I B, Historial profesional e Coñecemento de idiomas estranxeiros. Fóra deste prazo non se admitirá a achega de documentación ningunha.
Esta documentación deberá ser enviada polas persoas aspirantes por medios telemáticos, a través da seguinte ligazón, seguindo as instrucións do manual que se achega (Ctrl + clic para seguir a ligazón):
https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasis_co_pi_acceso#
As persoas aspirantes poderán acceder ao seu expediente durante ese período tantas veces como precisen para engadir ou eliminar documentación. Unha vez transcorrido o prazo, non poderá incorporarse nin eliminarse ningún dato, quedando como definitiva a documentación que conste incorporada tras o último acceso.
As puntuacións que mostre o asistente serán meramente informativas e quedarán supeditadas á valoración posterior do Tribunal Cualificador Único ou dos Tribunais Delegados.
Dentro do mesmo prazo de vinte días hábiles, as persoas aspirantes que concorran polas comunidades autónomas con exercicios optativos poderán achegar as certificacións acreditativas dos coñecementos correspondentes ao Anexo I-C da convocatoria, en formato PDF, aos seguintes enderezos de correo electrónico.
Rógase indicar no asunto: GPI_1572_25 Documentación lingua cooficial_DForal_Nome e apelidos.
- Ámbito territorial do País Vasco: aholkularitza-DAJ@euskadi.eus
- Ámbito territorial de Navarra: seccion.personal.justicia@navarra.es
- Ámbito territorial da Comunidade Valenciana: oposicionesjust@gva.es
- Ámbito territorial de Cataluña: aj.gestiopromoopos.justicia@gencat.cat
Noutro caso, deberán presentarse aos exercicios que se establezan para acreditar os seus coñecementos das linguas autonómicas e/ou do Dereito Civil Vasco.
Infórmase a continuación dos criterios interpretativos de valoración acordados polo Tribunal Cualificador Único en relación cos méritos do Historial profesional e cos méritos de Coñecemento de idiomas estranxeiros.
Historial profesional
Apartado 2.2.1 – Cursos de formación con contido de carácter xurídico
Neste apartado valoraranse os cursos recibidos e acreditados nos últimos dez anos e ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias, é dicir, desde o 02/02/2016 ata o 02/02/2026.
Valorarase a formación de carácter xurídico relacionada coa actividade do Corpo ao que se accede, homologada ou impartida polo Ministerio de Xustiza, polas Consellerías de Xustiza, polo sistema universitario español, polo Instituto Nacional da Administración Pública ou polos órganos competentes en materia de formación das comunidades autónomas, así como por outros axentes promotores no marco do Acordo de Formación para o Emprego (IV Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas) ou polos Servizos Públicos de Emprego.
Lémbrase a conveniencia de achegar o programa das materias impartidas no curso cando este non figure no diploma ou título.
En relación cos diplomas ou títulos das “Xornadas” impartidas polo Ministerio de Xustiza, consideraranse cursos de carácter xurídico atendendo á materia impartida e ás persoas destinatarias do curso. Deberán constar as horas lectivas e o programa das materias xurídicas impartidas.
Consulta o Acordo completo do Tribunal Cualificador Único aquí:
A ligazón de acceso onde realizar aportación dos méritos: https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasis_co_pi_acceso
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal