
APERTURA FASE DE CONCURSO E PRESENTACIÓN DE MÉRITOS - CORPO DE TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza, o acordo do tribunal cualificador único do proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso por promoción interna no corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Adminstración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/150/2024, do 19 de febreiro, polo que inicia a fase de concurso e, en consecuencia, se abre o prazo para a presentación de méritos.
Computaranse os méritos causados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes (22 de marzo incluído).
Establécese un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do 14 de outubro de 2024, para presentar a documentación acreditativa, en orixinal ou copia auténtica, unicamente dos méritos indicados nos epígrafes 2.2 e 2.3 do baremo contido no anexo I-B da convocatoria.
Os aspirantes que concorran por Comunidades Autónomas con exercicios optativos achegarán neste mesmo momento as certificacións acreditativas dos coñecementos correspondentes.
O prazo de presentación será desde o día 14 de outubro ao 11 de novembro de 2024, ambos inclusive; fóra deste prazo e forma non se admitirán a achega de documentación.
A achega dos méritos realizarase exclusivamente de forma telemática, nun aplicativo ao que terán acceso os opositores aprobados a través da seguinte ligazón:
https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasis_co_pi_acce so#
Manual de presentación de méritos:
https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/MANUAL_USUARIO_MERITOS.pdf
Para máis información preme na seguinte ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal