ASEMBLEA EN PONTEVEDRA SOBRE A PROBLEMÁTICA DA IMPLANTACIÓN DA LOEO

Martes, 12 Mai 2026

Este luns, 11 de maio, celebramos unha xuntanza coas traballadoras/es do Tribunal de Instancia de Pontevedra para analizar o resultado das enquisas realizadas entre o persoal dos distintos servizos creados tras a implantación da LOEO.

Un 62,86% do persoal considera o funcionamento deficiente ou moi deficiente; un 57,14% considera que a falta de persoal é estrutural e grave; un 54,29% indica que a carga de traballo é inasumible ou moi elevada; e, no plano persoal un 88,57% recoñece que a sobrecarga de traballo lle afecta dalgunha maneira a súa saúde laboral.

En conclusión, os datos evidencian unha situación de sobrecarga estrutural e falta de recursos que require medidas urxentes de incremento de persoal e mellora da organización e dos medios de traballo.

Varias destas cuestións tamén foron trasladadas, este mesmo luns, ao grupo parlamentario do BNG.

1) Insuficiente tempo e elevada carga de traballo. Constátase unha falta de tempo material para asumir adecuadamente todas as tarefas asignadas. O tempo de revisión dos expedientes recibidos por cada funcionaria/o tras a reordenación levada a cabo, a atencion a varias Prazas de maxistrada/o ao mesmo tempo, o estado de atasco "heredado" de determinados expedientes; todo iso indican a sobrecarga estrutural de determinados servizos así como a falta de proporcionalidade no reparto de cargas de traballo.

2) Falta de dotación de persoal. As cargas de taballo detectadas evidencian unha dotación insuficiente en determinados servizos, o que fai necesario reformular e ampliar as RPT´s existentes. Sobre todo esta falta de dotación se nota na xurisdiccion civil (execución, declarativos e xurisdicción voluntaria).

3) Necesidade de cobertura de ausencias. Recuperación dun sistema de substitucións por quendas para cubrir permisos e vacacións, ainda cun enfoque axustado baseado na retribución por traballo efectivamente realizado.

4) Indefinición de funcións e problemas de organización. Existe unha falta de claridade nas funcións e nos criterios de asignación das mesmas, o que xera desorganización interna e dificulta a eficiencia do servizo.

5) Falta de coherencia nos criterios de actuación. Se o obxectivo da reforma é a axilidade procesual e unificación de criterios, obsérvase que nos se están cumprindo as súas bases, debido á unha aplicación diferente nas distintas poboacions. 

6) Natureza do corpo de Auxilio e dependencia funcional. Sinalase que o corpo de Auxilio non é un corpo adscrito de forma "particular" a xuíces ou maxistrados, polo que non debería de quedar suxeito a criterios individuais diverxentes. Sería necesario establecer un criterio unificado de actuación para todo o colectivo do corpo de Auxilio

7) Necesidade de criterios e organización común no Servizo Común. Dado que o corpo de Auxilio intégrase nun servizo común no que resulta imprescindible fixar criterios organizativos homoxéneos.

Nova publicada en "Pontevedra Viva" e "Atlantico diario":

https://share.google/LubbTyswgj1SbPNxG


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal