AUXILIO OFERTA DE PRAZAS AS PERSOAS APROBADAS

Resolución de 20 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG 16-10-2023)
Luns, 16 Out 2023

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se lles ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

Se fai pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia que se lles ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

As solicitudes presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza, na rúa Madrid, 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II.

No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo dos órganos xudiciais ofertados, indicando o órgano, a función, a localidade e a provincia. Coa soa petición dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas ofertadas nel.

Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.

De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das relacionadas na súa instancia por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinalo/a, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.

Non se poderá anular nin modificar a solicitude unha vez rematado o prazo de presentación destas.

A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso consonte a orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste mentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo.

Premendo na ligazón podes ver a resolución completa:

DOG 16/10/2023


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal