AUXILIO XUDICIAL OEP 20/21/2022 QUENDA LIBRE ÁMBITO MINISTERIO PRAZAS OFERTADAS

Próxima Publicación BOE 16/10/2023
Luns, 09 Out 2023

O Ministerio de Xustiza adiántanos o borrador da Orde de 20 de setembro de 2023 que fai pública a relación de prazas que se van a ofertar a aquelas persoas aprobadas correspondentes ao ámbito de Península e Illes Balears (Ministerio de Xustiza), nas probas selectivas para ingreso nos Corpos de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, quenda libre, convocada por Orde JUS/1254/2022 de 7 de decembro.

A data prevista de publicación no BOE é a de 16 de outubro de 2023.

Todas as solicitudes confeccionaranse de forma telemática a través do asistente de inscripción.

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/auxilio-judicial-ofertaplazas- orden-jus12542022

Unha vez na devantida páxina, deberemos premer na ligazón que aparece co nome "G.T.A. Concurso de Traslados". Previamente a entrada no asistente de inscripción, deberemos identificarnos electronicamente.

As solicitudes de destino dos aspirantes que superaron a oposición, presentaranse no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no BOE.

O Ministerio confeccionará un manual de Inscripción que se colgará na páxina web do Ministerio de Xustiza, o cal guiaranos na confección da solicitude de prazas.

Manual de Usuario Asistente Solicitude de destino

Dentro do periodo de inscripción, podense xerar e confirmar todas as solicitudes que se queira, tendo en conta que só será válida a última presentada.

Cada aspirante ten asinado un número de opositor no proceso selectivo, dentro do ámbito territorial para o que se presentou, en función da puntuación total acadada en dito proceso. Ese número de opositor aparecerá na pantalla do asitente de inscripción.

Deberase solicitar como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, por exemplo se teño o número 12, deberei pedir 12 prazas como mínimo.

A solicitude unha vez creada terá que ser confirmada tamén.

Non se poderá anular ou modificar a solicitude unha vez remate o prazo de presentación de solicitudes.

A adxudicación de destinos terá caracter forzoso, respectándose o orde de prioridade seleccionado e o número de opositor que teña o candidato.

Os destinos adxudicados terán caracter definitivo, tendo a mesma equivalencia a tódolos efectos dos obtidos por concurso, sen que puideran participar neste en tanto non transcurriran dous anos dende a data da resolución na que se adxudique o destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos estarase ao disposto no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei Orgánica 6/1985 de 1 de xullo do Poder Xudicial.

Plantilla borrador para o BOE do 16 de outubro:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ORDEN%20AUXILIO%2020%209%202023.pdf

Relación de prazas que se ofertan:

Prazas Ofertadas

Recordamos que en Galiza, de momento, as prazas que se ofertan son as seguintes:

Prazas vacantes Galiza


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal