CAPACITACIÓN DO PERSOAL INTERINO

Venres, 25 Set 2026

En virtude do establecido no artigo 12 da Orde do 6 de marzo de 2026 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galiza, aqueles/as integrantes das bolsas que non completasen, polo menos, seis meses de servizos efectivos como persoal interino no respectivo corpo dentro dos últimos cinco anos inmediatamente anteriores á data do correspondente nomeamento deberán realizar unha actividade de capacitación en materia de sistemas de información en uso na Administración de Xustiza en Galiza, que concluirá cunha proba cualificada como apto/a ou non apto/a.

A non realización suporá a exclusión do persoal interino da correspondente bolsa en que estea incluído. A non superación da proba cualificada dará lugar á súa repetición nun único intento adicional. De non superar esta segunda oportunidade, a persoa interina será excluída da correspondente bolsa.

Así, todo o persoal que sexa nomeado ao abeiro da nova bolsa de persoal interino ao servizo da Administración de Xustiza en Galiza recibirá, trala súa toma de posesión no posto adxudicado, unha comunicación electrónica informativa sobre o acceso aos contidos formativos e a matrícula na actividade de capacitación correspondente ao corpo de nomeamento. 

Esta capacitación diferencia os contidos e a duración segundo o corpo:

  1. Xestión e Tramitación procesual e administrativa. Terá unha duración total de 20 horas e comprenderá o fluxo xeral do expediente xudicial electrónico e os principais sistemas de uso transversal nas oficinas xudiciais, como o sistema de xestión procesual, Visor-EXE, PortaSinaturas, Punto Neutro Xudicial e HIJWEB.

    A capacitación abordará tamén a aplicación práctica destes sistemas en cada un dos servizos comúns da oficina xudicial e incluirá unha presentación dos sistemas dixitais nos que se apoia o traballo da Fiscalía, dos rexistros civís e do IMELGA.
     
  2. Auxilio Xudicial. Terá unha duración de 15 horas e comprenderá o fluxo xeral do expediente xudicial electrónico e as principais funcionalidades dos sistemas de uso transversal nas oficinas xudiciais empregadas por este corpo: sinalamento de actos, publicación en TEXU desde o xestor procesual, xestión de notificacións e exhortos no xestor procesual e no Punto Neutro Xudicial, realización de gravacións e videoconferencias en eFidelius, visualización do expediente en Visor-EXE, etc.

Estas actividades de capacitación dispoñen dunha proba final de avaliación, composta por 20 preguntas tipo test. Se non se supera a primeira vez, se permite un único intento a maiores.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cigxustiza.acorunha@gmail.com
  • Compostela:
    604 042 377
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal