
CIG XUSTIZA RECLAMA UNHA NOVA SALA DE VIDEOCONFERENCIAS PARA OS XULGADOS DE CALDAS DE REIS

A Sección Sindical da CIG Xustiza en Pontevedra presentou hoxe, 9 de xenairo, escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza, que reproducimos literalmente:
"Por parte do Sector de Xustiza da CIG, baseándonos no Real Decreto 2166/1994, do 4 de novembro, sobre traspaso de funcións da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza, denunciamos, que os Xulgados de Caldas de Reis carecen dunha sala propia para a práctica das videoconferencias dos exhortos, o que conleva ter que realizar ditas actuacións na única sala de vistas prevista para a celebración dos xuízos. Todo isto implica unha sería dificultade á hora de ter que buscar un oco libre e compaxinar a axenda de sinalamentos de xuízo, coa práctica dos exhortos, atascando a tramitación dos mesmos.
É por todo iso que, solicitamos para este fin a habilitación da sala de recoñecemento de detidos existente, procedendo á instalación dos equipos informatícos correspondentes, xa que esta sala soamente se utiliza moi puntualmente e pódese compaxinar perfectamente coa práctica dos exhortos, conseguindo unha maior axilidade na tramitación dos mesmos. O idóneo sería ter un equipo mobil de videoconferencia que facilitara o uso da dependecia tanto como sala de recoñecemento e de celebración de videoconferencias."
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal